Wednesday 08 de May de 2024

O Concello de Noia informa dun corte puntual do subministro de auga mañá mércores polas obras de mellora da rede de abastecemento


O Concello de Noia informa dun corte puntual no subministro de auga
potable que afectará a cinco rúas do municipio durante a mañá do mércores 22 de abril. O
concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón, explica que “se trata de obras de mellora das
conexións da rede de abastecemento no casco histórico, aproveitando tamén que na zona se
están a facer os traballos de remodelación da fachada marítima. Comezaremos ás oito da
mañá e trataremos de restablecer o servizo o antes posible”.
O corte de auga afectará ás rúas Malecón de Cadarso, Pescadería, Laxe, Forno e Peregrina.
Comezará ás 8:00 horas e non se prolongará máis aló das 15:00 horas. Durante a semana
pasada, operarios municipais tiveron que arranxar dúas avarías na rede de subministro de
auga producidas o mesmo día primeiro no Malecón de Cadarso e despois na rede xeral do
casco histórico.